miércoles, 27 de mayo de 2009

ANIMAIS SALVAXES

Cando fomos a granxa Kirico vimos moitos animais domésticos que nos gustaron moito. Pero nos sabemos que hai outro tipo de animais que tamén nos chaman a atención, pero que viven moi lonxe de nós. Son os animais salvaxes.


O elefante que xa sabemos que barrita.


O oso que vive nos polos, donde vai moito frío.


A leona e o león. Coñecemos o león pola súa melena e a leona que se encarga de cazar para as crias.


O oso panda, que lle gusta moito comer bambú.


O guepardo, que é o animal máis veloz de África.


Os primates, que lles encantan as bananas.


A avestruz, que é a ave máis grande.


O rinoceronte, ten problemas de visión.


O koala, que vive en Australia e encántalle comer follas de eucalipto.



lunes, 18 de mayo de 2009

Como xa todos sabedes, onte pola mañá fomos a ver unha obra de teatro titulada "La galllina churra". Aproveitando á visita sacamos un montón de fotos que queremos compartir con todos vós. As fotos e vídeo da obra de teatro están en anacos de sol.

EN VIGO

A MERENDA



OS XOGOS














viernes, 15 de mayo de 2009

jueves, 14 de mayo de 2009

EXCURSIÓN Á GRANXA KIRIKO



E que mellor xeito de contar o ben que o pasamos que facendo unha foto do grupo.

Na granxa vimos moitas cosas e aprendemos moito, entre outras cousas todo o que hai que facer para coidar un invernadoiro. E coma o traballo era moito repartímonos en grupos.


Pero como non podía ser todo traballar, tamén tivemos moito tempo de xogos e disfrutamos coa comida que alí nos tiñan preparada.




Ao rematar de comer fomos ver as aves. Pero a nosa visita durou moi pouco. Comezou a chover. Se tedes curiosidade por saber que animaliños había, ide de visita a anacos de sol, o blog de educación infantil. Seguide atentos, aínda temos moitas fotos gardadas.

domingo, 10 de mayo de 2009

jueves, 7 de mayo de 2009

NOVAS


Hoxe comezamos unha nova unidade didáctica sobre os animais,un tema que para os nenos é do máis motivador. Ademáis xa están todos emocionados coa visita que faremos o martes día 12 a Granxa Kiriko, na que disfrataremos e aprenderemos cousas sobre os nosos amigos.
Podemos facer unha visita virtual accedendo a súa páxina web. Fai clik enriba da imaxe.




Mentras esperamos que chegue o martes, imos ensaiando unha canción para ir cantando no autobús.


Ás veces, os animais da granxa reciben visitas un pouco pesadas. O que hai que recoñecer é que estes animais saben voar moi, pero que moi ben.