miércoles, 2 de septiembre de 2009
viernes, 5 de junio de 2009
"As viaxes", é o nome da unidade didáctica que estamos a traballar. coñecemos moitos paises novos que nos están gustando, así como tamén lugares de Galicia que algúns xa coñecíamos.
A muralla China, nos pensabamos que era un castelo, pero agora xa sabemos que era unha medida de protección.
O glaciar "Perito Moreno", este nome fixonos rir moito. Esta en Arxentina, e moita xente viaxa ata alí para velo.
As pirámides de Exipto, ¡Que altas son! ¡E están no medio do deserto!
A praia das Catedrais, en Ribadeo, Lugo. Algúns nenos xa estiveron alí, que formas máis raras.

lunes, 1 de junio de 2009
IMOS DE VIAXE
Muna, a nosa mascota, vainos levar de viaxe por distintos lugares do planeta terra.
O mellor xeito de empezar e vendo unha viaxe imaxinaria. Esperamos que vos guste.
O mellor xeito de empezar e vendo unha viaxe imaxinaria. Esperamos que vos guste.
miércoles, 27 de mayo de 2009
ANIMAIS SALVAXES
Cando fomos a granxa Kirico vimos moitos animais domésticos que nos gustaron moito. Pero nos sabemos que hai outro tipo de animais que tamén nos chaman a atención, pero que viven moi lonxe de nós. Son os animais salvaxes.
O elefante que xa sabemos que barrita.
O oso que vive nos polos, donde vai moito frío.
A leona e o león. Coñecemos o león pola súa melena e a leona que se encarga de cazar para as crias.
O oso panda, que lle gusta moito comer bambú.
O guepardo, que é o animal máis veloz de África.
Os primates, que lles encantan as bananas.
A avestruz, que é a ave máis grande.
O rinoceronte, ten problemas de visión.
O koala, que vive en Australia e encántalle comer follas de eucalipto.

lunes, 18 de mayo de 2009
Como xa todos sabedes, onte pola mañá fomos a ver unha obra de teatro titulada "La galllina churra". Aproveitando á visita sacamos un montón de fotos que queremos compartir con todos vós. As fotos e vídeo da obra de teatro están en anacos de sol.
EN VIGO
A MERENDA
OS XOGOS
EN VIGO
A MERENDA
OS XOGOS
viernes, 15 de mayo de 2009
jueves, 14 de mayo de 2009
EXCURSIÓN Á GRANXA KIRIKO
E que mellor xeito de contar o ben que o pasamos que facendo unha foto do grupo.
Na granxa vimos moitas cosas e aprendemos moito, entre outras cousas todo o que hai que facer para coidar un invernadoiro. E coma o traballo era moito repartímonos en grupos.
Pero como non podía ser todo traballar, tamén tivemos moito tempo de xogos e disfrutamos coa comida que alí nos tiñan preparada.
Ao rematar de comer fomos ver as aves. Pero a nosa visita durou moi pouco. Comezou a chover. Se tedes curiosidade por saber que animaliños había, ide de visita a anacos de sol, o blog de educación infantil. Seguide atentos, aínda temos moitas fotos gardadas.
domingo, 10 de mayo de 2009
jueves, 7 de mayo de 2009
NOVAS
Podemos facer unha visita virtual accedendo a súa páxina web. Fai clik enriba da imaxe.
Ás veces, os animais da granxa reciben visitas un pouco pesadas. O que hai que recoñecer é que estes animais saben voar moi, pero que moi ben.
jueves, 23 de abril de 2009
A ESCOLA NOUTROS PAÍSES: PERÚ
Con motivo do día do libro, a biblioteca do cole, propúxonos facer un conto sobre como é a escola noutros países. A clase escollida para este traballo foi a de 5 anos B e o país escollido foi Perú. Deste xeito imos descubrir como é o cole noutro país que neste caso ten a mesma língua que nós e nos vai permitir coñecer lugar tan emblemáticos como o Machu Pichu. Esperamos que o noso traballo vos guste tanto como a nós.
Primeiro imos ver un vídeo que nos achegue a este país.
Primeiro imos ver un vídeo que nos achegue a este país.
miércoles, 22 de abril de 2009
DÍA DO LIBRO
O 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Entre todas as clases de infantil fixemos un conto, que xa fomos colgando pouco a pouco no blog. Por fin, está rematado. Esperamos que valoredes todo o traballo que levamos para facelo. Chámase AVENTURA EN PONTEAREAS.
Ademais nun día tan importante, a gran protagonista é a biblioteca do noso cole. Se non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para coñecela. . Lembrade que a nosa biblioteca tamén ten blog que podedes visitar sempre que queirades.
Todos os debuxos que serven de decoración corresponden ás ilustracións que todos os nenos e nenas fixeron dos seus contos preferidos, que trouxeron ao cole a semana anterior. Non o fixeron nada mal, verdade?
lunes, 20 de abril de 2009
domingo, 19 de abril de 2009
martes, 14 de abril de 2009
A volta das vacacións comenzamos unha nova unidade didáctica, "As plantas". Nesta unidade ademáis de coñecer a vida e as partes das frores e plantas.
AQUELA ROSIÑA
NACIDA EN ABRIL
QUERÍA CASARSE
CON UN ALELÍ.
VAI DE PADRIÑO
SEU TÍO O XAZMÍN
E IRÁN A BODA
CLAVELES CEN MIL.
VESTIDA DE BRANCO
VERDE E CARMESÍ,
A ROSA CASASE
CO ALELÍ.
Aprenderemos a clasificar os alimentos segundo a sua orixe.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)