jueves, 23 de abril de 2009

A ESCOLA NOUTROS PAÍSES: PERÚ

Con motivo do día do libro, a biblioteca do cole, propúxonos facer un conto sobre como é a escola noutros países. A clase escollida para este traballo foi a de 5 anos B e o país escollido foi Perú. Deste xeito imos descubrir como é o cole noutro país que neste caso ten a mesma língua que nós e nos vai permitir coñecer lugar tan emblemáticos como o Machu Pichu. Esperamos que o noso traballo vos guste tanto como a nós.
Primeiro imos ver un vídeo que nos achegue a este país.



miércoles, 22 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Entre todas as clases de infantil fixemos un conto, que xa fomos colgando pouco a pouco no blog. Por fin, está rematado. Esperamos que valoredes todo o traballo que levamos para facelo. Chámase AVENTURA EN PONTEAREAS.




Ademais nun día tan importante, a gran protagonista é a biblioteca do noso cole. Se non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para coñecela. . Lembrade que a nosa biblioteca tamén ten blog que podedes visitar sempre que queirades.

Todos os debuxos que serven de decoración corresponden ás ilustracións que todos os nenos e nenas fixeron dos seus contos preferidos, que trouxeron ao cole a semana anterior. Non o fixeron nada mal, verdade?



domingo, 19 de abril de 2009

VIAXANDO POLO DESERTO

¿Que vos parece se acompañamos a Muna na súa aventura polo deserto?

martes, 14 de abril de 2009

A volta das vacacións comenzamos unha nova unidade didáctica, "As plantas". Nesta unidade ademáis de coñecer a vida e as partes das frores e plantas.


AQUELA ROSIÑA
NACIDA EN ABRIL
QUERÍA CASARSE
CON UN ALELÍ.

VAI DE PADRIÑO
SEU TÍO O XAZMÍN
E IRÁN A BODA
CLAVELES CEN MIL.

VESTIDA DE BRANCO
VERDE E CARMESÍ,
A ROSA CASASE
CO ALELÍ.

Aprenderemos a clasificar os alimentos segundo a sua orixe.

miércoles, 1 de abril de 2009